25/6/22

Currículo de Bacharelato + Relixión Católica +Saberes básicos

Saberes básicos

A. A vida como vocación persoal e profesional en diálogo co humanismo cristián.

- Obxectivos vitais, desenvolvemento da vocación persoal e proxecto profesional.

- A experiencia do encontro con Deus ao longo da historia como fonte de desenvolvemento pleno do humano.

- Habilidades e destrezas para descubrir, analizar e valorar críticamente as diferentes pertenenzas como medio de enriquecimiento persoal.

- A visión integral da persoa na súa dignidade e na súa liberdade segundo a antropoloxía cristiá.

- A concepción do ser humano noutras cosmovisións filosóficas e relixiosas, en diálogo coa teoloxía cristiá das relixións.

- Proxectos persoais e profesionais, na vida eclesial e social, desenvolvidos en clave vocacional.

- A vida en sociedade, condición necesaria do desenvolvemento vital da persoa.

- Sentido artístico e creatividade no diálogo fe-cultura.

- Achegas da experiencia relixiosa cristiá para unha vida con sentido en diálogo con outros paradigmas.

- Estratexias para o diálogo transdisciplinar e síntese persoal como aprendizaxe ao longo da vida.

B. Diálogo fe-razón e fe-cultura.

- Fenomenoloxía da experiencia relixiosa: elementos propios e diferenzas do cristianismo con outras tradicións filosóficas e relixiosas.

- Síntese da Historia da Salvación en clave relacional e trinitaria.

- O anuncio do Reino de Deus e as súas implicacións persoais, sociopolíticas e escatolóxicas.

- Humanismo cristián: Xesucristo, salvación e modelo de humanidade plena.

- As manifestacións sociais e culturais como expresión dos valores e crenzas da identidade dos pobos.

- O cristianismo e a súa expresión artística na música, a literatura e as artes.

- Habilidades para a análise e a contemplación de obras de arte sobre relatos bíblicos, historia da salvación e vida de Xesucristo.

- Experiencia espiritual e relixiosa en figuras históricas de distintas tradicións relixiosas e culturais.

- Recoñecemento crítico na contorna social e cultural de manifestacións da dimensión espiritual da persoa.

- Método teolóxico e método científico: contidos e enfoques propios de cada disciplina.

- Relaciones ciencia e fe ao longo da historia e na actualidade.

- Diálogo fe-razón na historia da ciencia, a filosofía e a teoloxía.

C. Inserirse críticamente na sociedade.

- Valores sociais, pensamento crítico e proxecto persoal e profesional.

- Principios fundamentais da doutrina social da Igrexa (DSI).

- Estratexias para a análise dos principais problemas sociais, políticos, económicos e ecolóxicos do mundo actual, á luz da doutrina social da Igrexa e doutros humanismos.

- As relacións da Igrexa coa organización política e democrática, nos niveis locais, estatais e globais, na súa dimensión histórica e actual.

- Coñecemento e valoración das diferentes iniciativas mundiais que buscan lanzar proxectos de futuro sostible, en especial os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

- Proxectos sociais e de promoción humana da Igrexa, na historia e no presente, e a súa achega á inclusión social e ao ben común.

- Actitudes de diálogo e colaboración con outras relixións e culturas que posibiliten unha convivencia pacífica e tolerante entre as distintas tradicións.

- Principais desafíos da humanidade e as súas implicacións éticas: valor da vida, xustiza, ecoloxía, transhumanismo e intelixencia artificial, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario